sábado, 25 de julio de 2009

Galicia

O pasado: os celtas, os castros, o Reino, a "absorción", o olvido, a Santa Compaña, Rosalía, a censura, a emigración, Castelao, Pondal e o himno.

O presente: o ceo gris, as aldeas, as mil tonalidades de verde, as moscas, as veigas, o castrapo do terruño contra o xunteiro normativo, a matanza do porco, as envexas vecinais entre vellos, as praias, os regueiros, os muiños de vento eléctricos, os sachos, as festas "en honor á virxen patrona deste pobo" como excusa pra ter feira e orquestas un par de noites, os chimpins, as hortigas, os rapaces que viven na cidade e din que "el gallego es para los de la aldea" e falan castelán pero marcando exaxeradamente o acento galego "¡porque somos de Galisia, tío!", o rock bravú, o fuch fuch, José Toxeiro, o Xabarín Club, Miro Pereira, Os Tonechos, o padre Casares, a Retranca.

O futuro: unha illa que se independizou tanto do continente que se lanzou mar adentro.

4 comentarios:

manuel casal dijo...

Feliz Día, David.

Pucho Boedo dijo...

Que ten o teu sol que garda tanta luz.. Que tes no teu corazon miña terra galega, que cando o alba chega, sintome preso do teu esplendor

gelescue dijo...

Me parece que todos los gallegos llevais los mismos genes de vuestros ancestros literarios. Al final hay que creer en la meigas. Besos tolos.

Falsirego dijo...

Que din os rumorosos da costa verdecente... es evidente que Galicia mueve gente.
;)
Feliz día y post-día, tolos.